ESPECTÁCULOS

 

Coma e Punto é un berro inxénuo contra o medo. ¿Canta dose de humor colle nun funeral? ¿Canta tristura nun aniversario?

 

Un home camiña sobre unha corda frouxa cunha maleta na man antes de fantasear sobre cantos xeitos hai de morrer.

 

El e ela atopábanse todos os días na rúa, mais namoraron debaixo dunha cerdeira en flor. Cambiar de traballo, vivir xuntos, celebrar cada aniversario e sorrir á persoa que amas. A vida, porén, tiña outros plans para eles.

 

 

 

Texto orixinal: Vincent Auzillon

Tradución: Jose Vaquero

Espazo escénico e vestiario: Diego Valeiras

Iluminación: Diego Valeiras e Fernando González

Espazo sonoro: Luis Pequeno

Fotografía: Aitor Uve

Interpretación: Laura Míguez e Jose Vaquero

Versión e Dirección: Fernando González