ANTAGONISTA

Antagonista Teatro nace no ano 2015 da man de Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo. Xorde do desexo de levar a nosa experiencia e inquedanzas teatrais ao terreo profesional. Como primeiro espectáculo eliximos levar a cabo unha ampliación do que foi o noso proxecto final de estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Coma e Punto.


A posibilidade de construir un teatro persoal e libre de constricións é o motor que impulsa os primeiros pasos dunha compañía que desexa perdurar no panorama teatral galego. O noso traballo constrúese a partir de nós mesmos e as nosas vivencias, para dar lugar a unha linguaxe contemporánea e moi persoal.


Antagonista Teatro defende a necesidade dun teatro que entreteña mentres invita aos espectadores a mirar ao seu arredor e reflexionar sobre o seu mundo.